Axudas de vivenda por ordenador
Consellería de Vivenda e Solo desenvolver coa Universidade da Coruña un programa informático para facilitar o acceso dos cidadáns a todas as liñas de axuda en materia de vivenda, incluíndo compravenda, aluguer e rehabilitación, así como ás actuacións de solo produtivo para optimizar a relación informativa coas empresas.
O programa informático permitirá coñecer en tempo real as vivendas dispoñibles en compravenda e aluguer, a súa ubicación xeográfica (e información visual do barrio no que se localizan e os seus servizos) e características da vivenda (incluíndo o prezo de venda ou aluguer) facilitando así a consulta por parte do cidadán.
Para a realización desta aplicación a conselleira Teresa Táboas e o reitor José María Barja asinaron esta mañá un convenio de colaboración, polo que se asignará un equipo para desenvolver este proxecto baixo software libre (o que permitirá achegar os resultados a outras empresas e administracións sen custe para as mesmas). A Consellería de Vivenda e Solo achegará 205.000 euros en dúas anualidades para o desenvolvemento deste proxecto de investigación que será levará a cabo «en beneficio do conxunto da sociedade» segundo palabras de Táboas, quen concluíu que «os cidadáns poderán acceder desde a súa cada a todos os servizos que oferta a Administración en materia de política social de vivenda e creación de solo, cun programa que facilitará a compresión e a información sobre as mesmas, grazas ás ferramentas informáticas de referencia xeográfica».
Noticia extraida de Codigo Cero
%20-%20%20Sede%20de%20la%20Xunta%20de%20galiza%20(OD).jpg)

















